1.- Distancia: 17 km.
2.- Itinerario: Encoro de Cachamuíña – Santa Marta de Moreiras – Loñoá – Monte da Chaira – Encoro de Cachamuíña.
3.- Dificultade: baixa.
4.- Descrición: un fermoso itinerario ao carón do río Loña, no concello de Pereiro de Aguiar, para descubrir un dos conxuntos etnográficos máis singulares da área metropolitana de Ourense.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Bekas), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº46).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
7.- Horarios:
-8.30 saída autocar Rías Baixas da Praza de Galicia de Pontevedra
-8.55 saída autocar antiga reitoría rúa Areal de Vigo
-10.00 reunión dos tres campus na cafetería Perla (xunto pavillón de deportes universitario de Ourense)
-10.30 saída autocares cara ao encoro de Cachamuíña
-11.00 inicio da ruta a pé no encoro de Cachamuíña
-16.00 final da ruta a pé e regreso en autocar aos lugares de orixe