A Axenda 2030 está concibida como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través das 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible. Mais, a pesar de ter esa ambición global, trátase, en esencia, dunha axenda centrada na actuación local, empregando as institucións mais próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna que nos rodea.
O
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) co apoio da Xunta de Galicia, impulsa dende 2017 a promoción da Axenda 2030 no eido local en Galicia, apoiando os gobernos locais para a elaboración de Plans de Implementación dos ODS, no marco do proxecto “
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II”, proposta que ten como obxectivo impulsar a implicación das deputacións e concellos galegos na consecución dos ODS e na cooperación para o desenvolvemento.
Queremos convidarvos ao acto de presentación da proposta do Plan para a Implementación da Axenda 2030 no concello, acto no que se exporán as principais medidas que propomos e no que se creará un espazo para que as veciñas e vos veciños poidan compartir as súas opinións e propostas. Este Obradoiro terá lugar o día mércores 29 de novembro ás 12h na Casa da Xuventude de Verín.