maio    
    2024    
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

BOPPO número 248

Monday, December 30, 2019

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Provincial

Deputación Provincial

Persoal, oposicións

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUIDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2016 (CL2019N)

RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2016

O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte

RESOLUCIÓN:

De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, así como na Lei 5/2015, de 30 de outubro, pola que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), RESOLVO aprobar a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:

I) BASES XERAIS

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varias prazas de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2016.

Segunda. Número e características das prazas convocadas

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

Unha praza de arquitecto/a técnico/a, encadrada na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase Técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre

Unha praza de técnico/a auxiliar de proxectos, encadrada na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre

Unha praza de técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre.

Unha praza de administrativo/a de administración xeral encadrada na escala de Administración Xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C1, por quenda libre.

Terceira. Sistema de selección

O sistema de selección determínase nas bases específicas de cada unha delas.

Cuarta. Requisitos das persoas aspirantes

1) Con carácter xeral, para seren admitidas na realización das probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, ademais dos que se establezan nas respectivas bases específicas de ingreso:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa

c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar na praza o día en que remate o prazo de presentación de instancias

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspiran

e) Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala do funcionariado do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público

f) Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no recibo que se emite xunto coa solicitude de participación.

g) Cumprir os demais requisitos esixidos nas respectivas bases específicas para o ingreso

2) As persoas aspirantes deberán posuír todos os requisitos esixidos no apartado anterior o día en que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinta. Presentación de solicitudes

1) As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

2) Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado para a presentación presencial “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

3) Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación.

As persoas con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria, conforme ao previsto na Orde PRE/1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen criterios xenerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o accedo ao emprego público de persoas con discapacidade.

As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que consten na súa solicitude aínda que os erros de feito que se poidan advertir poderán emendarse ou repararse en calquera momento, de oficio ou a instancia de parte.

Sexta. Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sétima. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a. DNI ou NIE da persoa solicitante

b. Títulos universitarios da persoa solicitante

c. Títulos non universitarios da persoa solicitante

d. Acreditación da condición de discapacidade, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que se alegue esta circunstancia para a exención da taxa por dereitos de exame e para as prazas reservadas).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esas consultas deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles requirir ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Oitava. Documentación

As persoas solicitantes deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

Copia do título do Celga correspondente, no caso de solicitar a exención do exame de tradución

A documentación complementaria deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a mostra do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Novena. Dereitos de exame

Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria. O recibo, que se descargará xunto coa solicitude de participación, poderase pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de ABANCA. A través da súa páxina web (http://www.abanca.com/gl/pago-de-recibos) poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo.

En función da praza á que se opte as cantidades que se aboen en concepto de dereitos de exame serán as seguintes:

Praza integrada no grupo A2: 30 €

Prazas integradas no grupo C1: 25 €

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude, segundo o disposto na base quinta.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ás persoas interesadas que sexan excluídas definitivamente da lista de persoas admitidas.

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, o que deberán acreditar coa documentación correspondente.

Décima. Trámites administrativos posteriores á presentación
das solicitudes e das súas emendas

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento levaranse a cabo preferentemente por medios electrónicos (rexistro electrónico) a través do modelo “Instancia xenérica”, dispoñible en https://sede.depo.gal ou, opcionalmente, a través do mesmo modelo pero de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) requiriráselle ás persoas interesadas, de conformidade co establecido no seu artigo 68, que nun prazo de 10 días hábiles emenden as faltas ou presenten os documentos preceptivos, indicándolles que, de non o facer, se terá por desistida a súa solicitude, que se arquivará sen máis trámites.

Décimo primeira. Admisión das persoas aspirantes

1) Unha vez rematado o prazo de 20 días hábiles fixado para presentar as solicitudes a institución provincial ditará unha resolución, no prazo máximo dun mes, na que declarará aprobada a lista de persoas admitidas e excluídas e especificará, no seu caso, os motivos da exclusión, que se publicará no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación, de conformidade co establecido no artigo 45 da LPACAP.

2) As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios.

3) Contra a resolución do deputado delegado, na que se aproba a lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta notificación (artigos 112 e 123 da LPACAP), ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4) O feito de figurar como incluídas na relación de persoas admitidas non significa que se lles recoñeza ás persoas interesadas posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que as persoas admitidas superen as probas selectivas.

Décimo segunda. Ampliación do prazo nos supostos
de non dispoñibilidade da sede electrónica

1. Cando o último día do prazo se produza unha incidencia técnica que imposibilite o funcionamento da sede electrónica da Deputación de Pontevedra o prazo afectado ampliarase automaticamente, ata o seguinte día hábil, en beneficio de todas as persoas interesadas no procedemento, aínda que esta ampliación só producirá efectos para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións por medios electrónicos.

2. Para que se produza a ampliación automática do prazo segundo o previsto neste artigo será necesario que a incidencia teña unha duración continuada superior a 1 hora nas últimas 24 ou de menos de 1 hora nas últimas 12 do prazo.

3. As ampliacións automáticas dos prazos serán obxecto de publicidade mediante un anuncio publicado na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, no que se indicará con claridade o procedemento ou procedementos afectados pola ampliación automática, así como o día hábil seguinte no que finaliza o prazo ampliado.

4. Deberá quedar constancia no expediente desta incidencia técnica mediante un certificado expedido para o efecto polo servizo da Deputación de Pontevedra con competencias en novas tecnoloxías, no que conste tal incidencia, o tempo que permaneceu inactiva a sede electrónica e, na medida do posible, as súas causas.

Décimo terceira. Tribunal cualificador

1) Os membros dos tribunais cualificadores serán designados polo deputado delegado, segundo o disposto no artigo 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, así como no artigo 60 da Lei do estatuto básico do empregado público (LEBEP), tendo en conta a paridade entre mulleres e homes.

2) O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sen que poida exercerse en representación nin por conta de ninguén.

3) A composición do tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o que se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para acceder á praza convocada.

4) Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, o funcionariado interino nin o persoal eventual.

5) O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconsellen; as mencionadas asesoras e asesores limitaranse a prestaren colaboración nas súas especialidades técnicas.

6) Antes de que teña lugar cada unha das probas, e xuntamente coa lista de persoas admitidas, publicarase no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.

7) Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándollo ao deputado delegado cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP), ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 24 da LRXSP.

8) O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o deputado delegado; entenderase validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

9) A partir da sesión de constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na LRXSP e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.

10) O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario para que as persoas con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios que as do resto de aspirantes, e disporá, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.

11) No caso de ausencia da presidenta ou presidente titular ou suplente actuará no seu lugar a ou o vogal designado en primeira orde.

12) Os membros do tribunal e o persoal asesor que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo segundo a contía legalmente establecida.

Décimo cuarta. Características das probas selectivas

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as de tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que vaian desempeñar as persoas seleccionadas.

Décimo quinta. Comezo dos exercicios

1) A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas, serán determinados polo deputado delegado mediante unha resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de persoas admitidas e a composición do tribunal, que se publicará mediante un anuncio no BOPPO, en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 10 días naturais de antelación.

2) As persoas aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, e quedarán decaídas no seu dereito as que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.

3) As persoas aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e tamén dos medios materiais necesarios para realizalo.

Décimo sexta. Desenvolvemento dos exercicios das probas selectivas

1) En calquera momento o tribunal poderá requirirlles ás opositoras e opositores que acrediten a súa identidade.

2) A orde de actuación das opositoras e opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea determinaraa o tribunal mediante un sorteo en presenza das persoas aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o exercicio.

3) Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, para o cal o tribunal poderá utilizar os medios que considere oportunos.

4) Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algunha das persoas aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria deberá propoñerlle ao deputado delegado, previa audiencia coa persoa interesada, a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.

5) Unha vez concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente o tribunal fará pública, en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. As persoas opositoras non incluídas na lista terán a consideración de “non aptas”.

6) A relación de persoas aprobadas en cada exercicio deberá publicarse en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal, cando se trate do mesmo exercicio, e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.

7) Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia que a dos membros do tribunal, as persoas designadas por este como colaboradoras e as persoas opositoras, excepto na lectura por parte das persoas opositoras dos exercicios escritos, que será pública.

8) Desde o momento en que remate un exercicio ou proba e ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días hábiles.

9) As puntuacións obtidas no exercicio tipo test publicaranse no taboleiro de anuncios da Deputación e na súa páxina web; as persoas aspirantes terán un prazo de 2 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das respostas, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas, no seu caso, as alegacións presentadas, ou transcorrido o citado prazo, convocaranse as e os aspirantes que o superaron para a realización do segundo exercicio.

10) Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse un recurso administrativo de alzada ante o presidente que o nomeou, segundo o previsto no artigo 121 da LPACAP.

Décimo sétima. Cualificación dos exercicios da oposición

1) Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, e para aprobar cada un dos exercicios deberase obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

No exercicio tipo test penalizaranse as preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta ou a súa parte proporcional.

Ademais, neste exercicio o tribunal marcará a puntuación esixida (nota de corte) para superar a proba en función da súa complexidade técnica e das peculiaridades propias da praza convocada, que se corresponderá cun número determinado de respostas acertadas unha vez descontada a penalización por respostas incorrectas. A indicada nota de corte pode ser inferior, igual ou superior ao 50 % do número de preguntas que compoñen o exercicio.

Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen a persoa asinante ou que teñan marcas que puidesen romper o anonimato, así como os que resulten ilexibles.

2) Na avaliación do exercicio correspondente ao tema que se vai desenvolver terase en conta con carácter xeral o nivel de coñecementos, a estrutura e claridade expositiva, a capacidade de raciocinio e demais criterios que o tribunal cualificador estime oportuno considerar segundo as características da praza convocada.

3) O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos. Quedan exentas desta proba as persoas aspirantes ás prazas dos grupos A2 e C1 que acrediten o Celga 4, outorgándoselles a cualificación máxima (2 puntos).

4) A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.

5) Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas ambas as dúas, a maior e a menor; e a media aritmética calcularase coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

Décimo oitava. Embarazo de risco ou parto

Se algunha das aspirantes non puidera completar o proceso selectivo a causa do embarazo de risco ou parto debidamente acreditados, a súa situación quedará condicionada á finalización deste e á superación das fases que quedasen aprazadas, que non poderán demorarse tanto que se menoscabe o dereito do resto das e dos aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal, e en todo caso a realización das probas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo.

Décimo novena. Cualificación final e relación das persoas aprobadas

1) Á cualificación obtida polas persoas aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda aos exercicios obrigatorios non eliminatorios e aos voluntarios realizados, acadándose así a puntuación final.

2) Unha vez determinada a cualificación final das persoas aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobadas por orde de puntuación en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da institución provincial.

3) O tribunal non poderá, en ningún caso, aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes ao de prazas convocadas en cada proceso selectivo. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

4) Non obstante, o tribunal, ao cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ao formularlle ao deputado delegado a proposta coa relación de persoas aprobadas, na que só se incluirán aquelas persoas opositoras, que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de prazas convocadas en cada proceso selectivo.

5) No suposto de empate nas puntuacións totais finais entre dúas ou máis persoas aspirantes este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir, resolverase por sorteo.

6) Todo isto sen prexuízo do disposto no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Vixésima. Achega de documentos por parte das persoas aprobadas

1) A relación de persoas aprobadas, publicada en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da institución provincial conterá unha advertencia recordándolles a estas que deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e accederen á praza convocada.

2) As persoas aspirantes propostas achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Certificación de nacemento expedida no Rexistro civil correspondente

b) Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso

c) Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento

d) Declaración xurada de non estar separadas do servizo das administracións públicas nin incorrer nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente

e) Número da Seguridade Social

f) Certificado do número de conta bancaria

g) Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada proceso selectivo

h) Certificado de non estar inscritas no rexistro de delincuentes sexuais, no caso de tomar posesión en cargos adscritos ao Centro Príncipe Felipe

3) Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, as persoas aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

4) Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeada funcionaria ou funcionario de carreira, nin tampouco se ao examinar a documentación se deducise que carece dalgún requisito.

Vixésimo primeira. Nomeamento de persoal funcionario

1) Concluído o proceso selectivo as persoas aprobadas, cun número que non poderá exceder en ningún caso o das prazas convocadas, serán nomeadas funcionarias ou funcionarios de carreira, polo deputado delegado, unha vez que xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.

2) A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a publicación dos nomeamentos no BOPPO, sen prexuízo da súa toma de posesión, unha vez que se practique a notificación persoal de nomeamento.

3) A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do nomeamento; de non o facer nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, as persoas nomeadas quedarán na situación de cesantes.

4) Os postos de traballo vacantes que se van cubrir como consecuencia destes procesos selectivos adxudicaranse de acordo coas peticións das persoas interesadas segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo.

Vixésimo segunda. Bolsa de emprego

De ser necesario, confeccionarase unha relación ou bolsa que se rexerá polas normas vixentes no momento da súa creación.

Vixésimo terceira. Carácter vinculante das bases

As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración provincial, os tribunais cualificadores e as persoas aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

Vixésimo cuarta. Incidencias

Os tribunais de cada proceso selectivo quedan facultados para interpretar as bases da convocatoria e para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación. Ademais, poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

Vixésimo quinta. Réxime xurídico

Os procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e, no que non estea previsto nelas, polo Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, no que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; pola Lei 2/2015, de 29 de abril, que aproba a Lei do emprego público de Galicia; polo Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, no que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (artigos do 134 ao 137); polo Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre o procedemento de selección na Administración local; polo Decreto 95/1991, de 20 de marzo, no que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e polo Real decreto 364/95, no que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado.

Vixésimo sexta. Disposición final

As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola LPACAP e a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na LPACAP.

II) BASES ESPECÍFICAS DE CADA PROCESO SELECTIVO

I. Unha praza de arquitecta ou arquitecto técnico, quenda libre

Primeira. Número de prazas e características

Convócase unha praza de arquitecta ou arquitecto técnico, integrada no grupo A2 da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica ou técnico medio e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de grao en Arquitectura Técnica ou Enxeñería da Edificación, título de Aparellador ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 80 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 80 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de tres horas. Posteriormente, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, no caso de imposibilidade, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución do suposto práctico que determine o tribunal, relacionado coas materias contidas na parte específica do programa durante un tempo máximo de tres horas. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.

Posteriormente, e no caso de que proceda, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

CUARTO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Materias xenéricas:

1.—A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

2.—A Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma.

3.— A Administración pública no ordenamento español: concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas. Principios de actuación na Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un.

4.—Sometemento da Administración pública á lei e ao Dereito. As fontes do Dereito público. O regulamento: concepto, fundamento e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria. Outras fontes do Dereito administrativo: o hábito, a práctica administrativa, os principios xerais do Dereito, os tratados internacionais e a xurisprudencia

5.—O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo. Suspensión da execución. Audiencia da/do interesada/o. Resolución. Os recursos administrativos. Concepto. Clases. Obxecto

6.—A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias.

7.—O municipio. Concepto. Elementos esenciais. A organización municipal. Competencias.

8.—A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas das e dos traballadores e das e dos empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación das persoas traballadoras

9.—Políticas de igualdade e contra a violencia de xénero nas administracións públicas

10.—A Lei de protección de datos: normativa reguladora. Dereito á protección de datos. Principios informadores. Dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos

11.—A función pública local. Concepto de persoal funcionario. Clases de funcionariado. Dereitos e deberes do persoal funcionario. Réxime disciplinario

12.—O acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos

Materias específicas:

Primeira parte

1.—Real decreto lexislativo 7/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana. Disposición xerais. Condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns

2.—Lei 1/2019, de 22 de abril de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia. Disposición xerais. Actuacións sobre o medio urbano. Coordinación administrativa para a rehabilitación

3.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). Disposicións xerais e modificacións.

4.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). Réxime urbanístico do solo.

5.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). As normas de aplicación directa. As normas de sustentabilidade dos plans. Os límites de intensidade. As normas de calidade dos plans. Reservas de solo para dotacións públicas. Reservas de vivenda de protección pública.

6.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). O deber de conservación. Informe de avaliación de edificios. Execución forzosa e vía de constrinximento. Ordes de execución. Declaración de ruína.

7.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). Intervención na edificación e uso do solo. Edificios fóra de ordenación ou incompatibles coa ordenación.

8.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG 2/2016). Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG/2016). Disciplina urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións e sancións. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

9.—Os réximes transitorios do Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (LSRU/2015) e da Lei do solo de Galicia (LSG 2/2016)

10.—Decreto 83/2018, de 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia; complementado pola Resolución da CMAOT, de 6/8/2018 (PBA/2018). Plans básicos municipais.

11.—Os sistemas de información sobre solo, urbanismo e edificación. Rexistro de planeamento urbanístico, Plataforma Urbanística Dixital e Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia.

12.—Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese. Lei 2/2017, en relación con medidas provisionais de ordenación urbanística

13.—Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia. Decreto 66/2016, de 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. Protección do dominio público viario

14.—Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia. Disposicións xerais. Tipos de bens. Réxime de protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia.

15.—Real decreto lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de augas. Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, de 11 de abril. Lei 9/2010, de 30 de xullo, de augas de Galicia. Protección do dominio público hidráulico. Competencias das administracións públicas e réxime xurídico correspondente

16.—Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas. Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, de 10 de outubro. Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral

17.—Valoracións. Real decreto 1492/2011, de 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da Lei do solo. Expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial. O proxecto de expropiación. Indemnización das facultades urbanísticas.

18.—As comunicacións previas e as declaracións responsables. Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e a competitividade económica de Galicia. Obras destinadas ao desenvolvemento de actividades. Decreto 144/2016, de 22 de setembro, de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos

19.—Redacción de proxectos e dirección de obras. Real decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio

20.—Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Real decreto 2816/1982, de 27 de outubro, do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas

21.—Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental

22.—A Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación. Disposicións xerais. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías

23.—Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Delimitación dos tipos contractuais. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías esixibles na contratación do sector público

Segunda parte:

24.—Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Expedientes de contratación. Adxudicación dos contratos das administracións públicas: normas xerais

25.—ei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Adxudicación dos contratos das administracións públicas: procedemento aberto, restrinxido e con negociación. Normas especiais aplicables aos concursos de proxectos. Modificación dos contratos

26.—ei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007 (derrogada) en todo o que non se opoña á Lei 9/2017. Contrato de obras

27.—Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación (CTE). Disposicións xerais. Contido. Condicións técnicas e administrativas

28.—Documento CTE-DB SI seguridade en caso de incendios

29.—Documento CTE-DB SUA seguridade de utilización e accesibilidade

30.—Documento CTE-DB-HE aforro de enerxía

31.—Documento CTE –DB HS salubridade

32.—Documento CTE –DB HR protección fronte ao ruído

33.—Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia e normativa estatal concorrente

34.—Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

35.—Orde VIV 561/2010, de 1 de febreiro, pola que se desenvolve o Documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados

36.—Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios. Disposicións xerais. Produtos de protección contra incendios. Empresas instaladoras e empresas mantedoras. Instalación, posta en servizo e mantemento da instalación de protección contraincendios

37.—Real decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios. Características e instalación dos equipos e sistemas de protección contraincendios

38.—Real decreto 1027/2007, de 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Parte I

39.—Real decreto 1027/2007, de 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Parte II

40.—As medidas preventivas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

41.—As medidas preventivas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Real decreto 486/1997, de 14 de abril, de disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo

42.—Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción

43.—Control de calidade na edificación. As entidades e laboratorios de control de calidade na edificación. Normativa autonómica. Esixencias de control de recepción e execución no Código técnico de edificación. As medidas preventivas de control de calidade na construción

44.—As medidas preventivas de protección ambiental na construción. Lei 10/2008, de 3 de novembro, de residuos de Galicia

45.—As medidas preventivas de protección ambiental na construción. Real decreto 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos da construción e demolición

46.—A certificación de eficiencia enerxética. Real decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o Procedemento básico para a certificación enerxética dos edificios e Real decreto 56/2016, de 12 de febreiro, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE. Decreto 128/2016, de 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia

47.—Directiva 2007/2/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (INSPIRE). Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España

48.—As infraestruturas de datos espaciais de España (IDEE), de Galicia (IDEG) e da provincia de Pontevedra (idePo). Decreto 14/2017, de 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia

II. Unha praza de técnica ou técnico auxiliar de Proxectos, quenda libre

Primeira. Número de prazas e características

Convócase unha praza de técnica ou técnico auxiliar de Proxectos, integrada no grupo C1 da escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán posuír o título de Bacharelato, Técnico ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 60 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 60 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de dúas horas. Posteriormente, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias contidas na parte específica do programa durante o tempo máximo que marque o tribunal. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, e no caso de que proceda, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

CUARTO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Materias xenéricas:

1.—A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais.

2.—A organización territorial do Estado: principios constitucionais. A administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: O seu significado, elaboración, contido e reforma.

3.—O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.

4.—O procedemento administrativo. Etapas do procedemento administrativo.

5.—A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal.

6.—A función pública local. Concepto de empregado. Clases de funcionarios. A organización da función pública local. Dereitos e deberes dos funcionarios.

7.—Implantación da Administración electrónica. Sede electrónica e servicios de sede. Rexistro electrónico. Expediente electrónico. Arquivo electrónico de documentos. Dixitalización, compulsa electrónica. Licitación electrónica.

8.—Prevención riscos laborais. Dereitos e obrigas. Igualdade. Principios reitores.

Materias específicas

Primeira parte

1.—Principios xerais de representación. Escalas de debuxo, concepto e aplicacións. Xeneralidades sobre normalización: DIN, ISO, UNE. Tipos de papel e formatos. Rotulación

2.—Sistema diédrico. Xeneralidades. Punto, recta e plano. Interseccións

3.—Representación das pezas, liñas vistas e ocultas. Vistas principais. Vistas necesarias. Exemplos. Seccións ou cortes. Particularidades sobre seccións. Seccións parciais

4.—Proxección axonométrica. Xeneralidades

5.—Perspectiva cabaleira. Xeneralidades. Elementos fundamentais

6.—Perspectiva cónica. Xeneralidades e fundamento da perspectiva cónica. Elección do punto de vista e a liña do horizonte

7.—Planos cotados. Cartografía e debuxo topográfico. Nocións xerais. Curvas de nivel, directoras, interpoladas. Signos convencionais

8.—Conceptos básicos de informática. Operacións básicas con ficheiros; copiado, copias de seguridade, compresión, etc. Intercambio de información e gravación de ficheiros en distintos soportes. Tipos de ficheiros, ráster, vector e datos. Intercambio de ficheiros entre os distintos programas de CAD.

9.—O debuxo asistido por ordenador. Programas Autocad/MicroStation. Conceptos básicos. Funcións e aplicación práctica. Espazo de deseño, follas, unidades de traballo. Modelos e ficheiros semente. Creación e modificación de bloques ou células

10.—Autocad/MicroStation. Creación, modificación e transformación de obxectos no espazo bidimensional. Sistemas de coordenadas. Referencias internas, externas de ficheiros ráster e vectorial. Montaxe e impresión de follas

11.—Tecnoloxía BIM. Xestión, desenvolvemento e documentación dun proxecto con tecnoloxía BIM.

12.—Programa Civil 3D: configuración do proxecto. Superficies (modelado dixital do terreo). Explanacións. Perfís e seccións tipo. Medicións. Edición de planos

13.—A imaxe dixital. Definición. Principais características. Fotointerpretación e emprego de ortofotomapas. A ortofotografía. Xeorreferenciación e dixitalización. Cultivos e usos do solo.

14.—Cartografía, topografía e xeodesia. Concepto de escala, escalas gráficas, ampliacións e reducións. Sistemas de representación cartográfica. Xeneralidades sobre cartografía e xeodesia; xeoide, elipsoide, lonxitude, latitude, meridianos, paralelos

15.—Sistemas de proxección e sistemas de coordenadas: xeográficas e UTM. Estación total, GPS. Aliñacións e rasantes. Perfís lonxitudinais e transversais. A cartografía na Internet e as infraestruturas de datos espaciais

16.—Sistemas de información xeográfica. Conceptos xerais. Introdución e consulta de datos. Importación de formatos CAD a programas SIX. As xeodatabases. Consulta, análises espaciais básicAs e por atributos, edición de modelos, creación de informes e impresión. Mapas, capas, etiquetas, táboas de datos e entidades

Segunda parte:

17.—Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia: conceptos xerais do solo de Galicia; clases de solos. Planeamento urbanístico; planeamento xeral e de desenvolvemento. Representación destes elementos urbanísticos. Infraestruturas viarias. Instalacións: abastecemento, saneamento, electricidade, gas e telecomunicacións; representación gráfica e elementos definidores. Instrumentos de ordenación do territorio.

18.—Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia e o seu regulamento: as redes de estradas. Catálogos e inventarios. Travesías e treitos urbanos.

19.—Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia e o seu regulamento: estudos e proxectos de estradas. Clasificación. Normativa, tramitación e aprobación. Coordinación.

20.—Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e o seu regulamento: protección do dominio público viario. Delimitación de zonas

21.—Proxectos de estradas: xeoloxía, xeotecnia e procedencia de materiais. Estudo da cartografía e topografía. Representación de elementos de sinalización, balizamento e defensa.

22.—Trazado de estradas. Trazado en planta. Trazado en alzado. Sección transversal. Enlaces e interseccións.

23.—Os firmes das estradas de nova construción. Bases de proxectos. Materiais. Unidades de obra. Métodos de cálculo. Selección. A normativa española de proxectos de construción. Conservación e rehabilitación de firmes.

24.—Os proxectos de obras (I). A súa autorización. Servizos afectados. Anteproxectos e estudos previos. Estrutura do proxecto. Pregos de cláusulas administrativas: xerais e particulares. As normas técnicas e os pregos de condicións técnicas. A implantación.

25.—Os proxectos de obras (II). Seguridade e saúde na construción e nas obras públicas. Disposicións vixentes. Responsabilidades. Xestión de residuos nas obras públicas. Vixilancia ambiental de obras.

26.—A preparación do contrato. O expediente de contratación. Pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

27.—O contrato de obras. Actuacións preparatorias do contrato de obras. Execución, modificación, cumprimento e resolución do contrato de obras.

28.—Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade. Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.—Ordenanza de seguridade viaria da Deputación Provincial de Pontevedra

30.—Decálogo de criterios en estradas de titularidade da Deputación Provincial de Pontevedra

31.—Protocolo de actuación para os proxectos de seguridade viaria na rede provincial da Deputación de Pontevedra

32.—Instrución de deseño dos dispositivos de precaución para as vías provinciais da Deputación de Pontevedra

III. Unha praza de técnica ou técnico informático, quenda libre

Primeira. Número de prazas e características

Convócase unha praza de técnica ou técnico informático, integrada no grupo C1 da escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán posuír o título de Bacharelato ou Técnico, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 60 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 60 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de dúas horas. Posteriormente, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias contidas na parte específica do programa e durante o tempo máximo que marque o tribunal. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, e no caso de que proceda, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

CUARTO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Materias xenéricas

1.—A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais.

2.—A organización territorial do Estado: principios constitucionais. A administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado, elaboración, contido e reforma.

3.—O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.

4.—O procedemento administrativo. Etapas do procedemento administrativo.

5.—A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal.

6.—A función pública local. Concepto de persoal empregado público. Clases de persoal funcionario. A organización da función pública local. Dereitos e deberes do persoal funcionario

7.—Implantación da Administración electrónica. Sede electrónica e servicios de sede. Rexistro electrónico. Expediente electrónico. Arquivo electrónico de documentos. Dixitalización, compulsa electrónica. Licitación electrónica.

8.—Prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas. Igualdade. Principios reitores.

Materias específicas

Primeira parte:

1.—Informática básica. Conceptos de datos e información. Concepto de sistema de información. Elementos constitutivos dun sistema. Arquitectura de ordenadores

2.—Periféricos. Conectividade e administración. Elementos de impresión. Elementos de almacenamento. Elementos de visualización e dixitalización. OCR

3.—Paquetes de Ofimática: aplicacións que os compoñen, comandos e as súas funcionalidades

4.—Sistemas operativos (Linux e Windows). Definición e obxectivo. Clasificación, estrutura e funcións principais. Administración, servizos e sistemas de ficheiros

5.—Aplicacións web. Tecnoloxías de programación. Javascript, Applets, Servlets, servizos web. Linguaxes de descrición de datos: HTML e XML e as súas derivacións. Navegadores e linguaxes de programación web. Linguaxes de script

6.—Redes de ordenadores. Clasificación de redes: LAN, MAN, WAN. Redes públicas e privadas. Tipoloxías. Compoñentes de rede. Métodos de acceso. Dispositivos e interconexión

7.—Redes sen fíos. Conceptos da tecnoloxía sen fíos. Características funcionais e técnicas. Métodos de acceso. Protocolos. Normativa reguladora

8.—Modelos de referencia OSI. Protocolos de rede. Suite TCP/IP

9.—Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), características e aplicación

10.—Sistemas de información xeográfica (servidores de mapas, xeodatabases, software SIX código aberto e privativo), EIEL, lexislación vixente

11.—Virus e software malicioso. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección

12.—Copia de seguridade. Elección. Acceso e manipulación. Administración do proceso

Segunda parte:

1.—Xestión da atención ás persoas usuarias. Funcións e estrutura. Técnicos de primeiro e segundo nivel. Xestión de incidencias e do seu ciclo de vida. Fundamentos básicos, estrutura, funcións e roles na operación de servizos

2.—Ferramentas para a xestión de incidencias Open Source. Descrición e características

3.—Sistemas de virtualización de Hardware e Desktop. Fundamentos, vantaxes e inconvenientes

4.—Servizo de directorio. LDAP: conceptos e arquitectura. Uso e implementacións. Active Directory

5.—Servidores de correo electrónico. Funcionamento. MTA. Relays

6.—Seguridade e protección en redes de comunicacións. Sistemas de cortalumes. Redes privadas virtuais (VPN). Seguridade no posto da persoa usuaria

7.—Comunicacións de voz, VoIP

8.—Estratexias de almacenamento para grandes volumes de datos. Tecnoloxía Fibre Channel, SAN, NAS, arquitectura Scale Out

9.—Criptografía. Clave asimétrica. Clave simétrica. Certificados dixitais, sinatura electrónica. Sistemas KDC

10.—Arquitectura cliente/servidor. Modelo 2 capas. Modelo 3 capas. Compoñentes e operacións. Arquitectura de servizo web (WS)

11.—Servizos de Internet, servidores web, servidores de aplicacións, contentores de aplicacións, software de servidor, configuración, xestión e administración

12.—Redes multimedia. Transporte do sinal dixital audiovisual. Protocolos e aplicacións

13.—Servizos na nube

14.—Concepto e compoñentes dun contorno de bases de datos. Utilización de bases de datos na organización

15.—Arquitecturas informáticas de altas prestacións. Concepto, tipos de arquitectura, maximización das prestacións dos sistemas. Clústers de alta dispoñibilidade, rendemento, eficiencia, balanceo de carga, escalabilidade, sistemas distribuídos. Conceptos e descrición. Sincronización en sistemas distribuídos, asignación de procesadores e de memoria, tolerancia a erros

16.—Deseño e programación orientada a obxectos. Elementos e compoñentes software: obxectos, clases, herdanza, métodos, sobrecarga. Vantaxes e inconvenientes. Patróns de deseño e linguaxe de modelado unificado (UML)

17.—Internet: arquitectura de rede. Orixe, evolución e estado actual. Servizos: correo electrónico, WWW, FTP, Telnet e outros. Protocolos HTTP e HTTPS, SSL e TLS

18.—Protección da información. Seguridade en redes corporativas e en redes públicas. Control de accesos. Intrusións. Cortalumes. Redes privadas virtuais. Ameazas e vulnerabilidades. Seguridade lóxica e física

19.—Administración das redes de área local. Xestión das persoas usuarias. Xestión de dispositivos. Monitorización e control da rede e dos seus servizos. Protocolos

20.—Esquema nacional de seguridade (ENS) e Esquema nacional de interoperabilidade (ENI), adecuación e cumprimento, instrumentos

IV. Unha praza de administrativa ou administrativo
de Administración xeral, quenda libre

Primeira. Número de prazas e características

Convócase unha praza de administrativa ou administrativo de Administración xeral, integrada no grupo C1 da escala de Administración xeral, subescala administrativa e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de oposición libre.

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán posuír o título de Bacharelato, Técnico ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo, o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 60 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 60 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de dúas horas. Posteriormente, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias contidas na parte específica do programa e durante o tempo máximo que marque o tribunal. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, e no caso de que proceda, serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

CUARTO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Parte xeral

1.—A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. Os valores superiores. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais

2.—A Coroa na Constitución de 1978. A sucesión. A rexencia. Atribucións. O referendo

3.—As Cortes xerais. Composición e funcións. Órganos de control dependentes das Cortes xerais: o Defensor do Pobo e o Tribunal de Contas

4.—O Goberno na Constitución. O control parlamentario do Goberno. A función consultiva: o Consello de Estado

5.—O Poder Xudicial. A xustiza na Constitución. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. O Tribunal Constitucional. Natureza, organización e atribucións

6.—A Administración pública: principios constitucionais. A Administración xeral do Estado, organización territorial: as persoas delegadas e subdelegadas do Goberno. As comunidades autónomas. Organización política e administrativa. A distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de colaboración e cooperación entre as administracións públicas

7.—A Administración institucional. Os organismos públicos. Organismos autónomos e entidades públicas empresariais. Entes públicos de réxime específico

8.—A Unión Europea: orixe e evolución. Institucións comunitarias: organización e competencias

Parte específica

Primeira parte

1.—O ordenamento xurídico-administrativo (I): o Dereito da Unión Europea: tratados e Dereito derivado. A Constitución. As leis estatais e autonómicas. Tipos de disposicións legais. Os tratados internacionais

2.—O ordenamento xurídico-administrativo (II). O regulamento: concepto e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria

3.—O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e a forma

4.—A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito

5.—A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito.

6.—Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia

7.—Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, proba e informes. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais

8.—A terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común

9.—Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe

10.—A xurisdición contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición e as súas competencias. As partes: lexitimación. O obxecto do recurso contencioso administrativo. O procedemento e a súa finalización: as sentenzas

11.—O réxime local: significado e evolución histórica. A Administración local na Constitución. O principio de autonomía local: significado, contido e límites

12.—As fontes do Dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos

13.—O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O padrón de habitantes

14.—A organización municipal. Órganos necesarios. Órganos complementarios. As competencias municipais

15.—A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal

16.—Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O rexistro de documentos. A utilización de medios telemáticos

Segunda parte

1.—O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido. A elaboración e aprobación do Orzamento xeral. A prórroga orzamentaria. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación

2.—O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de persoal funcionario local. Os instrumentos de organización do persoal: cadros de persoal e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización

3.—O acceso aos empregos locais: principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo: sistemas de provisión. As situacións administrativas do persoal funcionario local

4.—A relación estatutaria. Os dereitos do persoal funcionario local. Dereitos individuais. O sistema de retribucións e indemnizacións. A negociación colectiva

5.—Os deberes do funcionariado local. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades

6.—Os bens das entidades locais: clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais. Os montes veciñais en man común

7.—A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local

8.—Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas: concepto, obxecto, suxeitos, poder adxudicador. Delimitación dos tipos de contratos públicos: clasificación e desenvolvemento dos contratos típicos. Normas xerais, contido e forma dos contratos do sector público

9.—As partes na contratación pública: o órgano de contratación, o contratista, requisitos e prohibicións de contratar. A clasificación do empresario e acreditación de solvencia

10.—O procedemento de contratación: expediente e formas de tramitación. Formas de adxudicación. A selección do contratista e criterios de adxudicación

11.—A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Principio do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas

12.—A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais

13.—A actividade subvencional das administracións públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións

14.—A lei de protección de datos: normativa reguladora. Dereito á protección de datos. Principios informadores. Dereitos das persoas en materia de protección de datos. Axencia Española de Protección de Datos. Prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas

15.—Políticas de igualdade de xénero. A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: obxecto e ámbito da lei. Principio de igualdade e tutela contra a discriminación. Principios das políticas públicas para a igualdade

16.—A Administración electrónica. Normativa de aplicación. Instrumentos para o acceso electrónico ás administracións públicas: sedes electrónicas, canles e puntos de acceso, identificación e autenticación. A xestión electrónica dos procedementos administrativos: rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. Esquema Nacional de Seguridade. Esquema Nacional de Interoperatividade

Pontevedra, 16 de decembro de 2019

O deputado delegado O secretario

Carlos López Font Carlos Cuadrado Romay

NOTA INFORMATIVA: El contenido de la versión HTML de este anuncio tiene carácter meramente informativo y está disponible en esta página para comodidad del ciudadano. El anuncio con validez legal es la versión PDF firmada electrónicamente.