Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51629

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria de dous postos de operarios de limpeza con carácter interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 254, do 26 de novembro de 2019, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a dous postos de operarios de limpeza con carácter interino.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 12 de novembro de 2019

Fernando Suárez Barcia
Alcalde