Venres, 3 de xaneiro de 2020 · Viernes, 3 de enero de 2020 · Número 2
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2019_0000010492

Administración Local

Municipal

Irixoa

Convocatoria xuíz de paz titular

ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DE IRIXOA

De conformidade co establecido nos arts. 101 e concordantes. da Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial, convócase publicamente elección para o cargo de Xuíz de Paz titular deste municipio.

Requisitos dos aspirantes:

A)- ser español.

B)- ser maior de idade.

C)- non estar impedido física ou psiquicamente para o desempeño do cargo.

D)- non estar condenado ou procesado por delicto doloso.

E)- estar no pleno exercicio dos dereitos civís e non permanecer en causa de incompatibilidade, incapacidade ou prohibición para o cargo de xuíz.

F)- residencia no municipio, caso de resultar nomeado.

Retribución: unicamente terase dereito a percibir a compensación establecida pola Consellería de Presidencia, sen que o concello complemente a mesma.

Presentación de candidaturas:

Os interesados no citado cargo deberán presentar solicitude no rexistro municipal, no prazo de 15 días hábiles, contado a partir do seguinte da publicación do presente edicto no BOP. A solicitude deberá ser complementada coa documentación seguinte:

- certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.

- certificado do Rexistro Central de Penados, así como declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado por delicto doloso, conforme á Lei 68/1980.

- xustificación dos méritos alegados.

- declaración xurada de reunir os requisitos legais para acceder ao nomeamento e de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidade para exercer o cargo.

- acreditación documental da profesión actual da/o solicitante.

O que se publica para xeral coñecemento, quedando o expediente en exposición pública na secretaría municipal durante o prazo de convocatoria.

 

Irixoa, 30 de decembro de 2019

O alcalde

Antonio Deibe Sanmartín

2019/10492

 

©2009 Deputación da Coruña