CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tallaríns con ameixas e wakame

27/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

- 300 g de tallaríns - 1 kg de ameixas - 1 cunco de wakame - 2 dentes de allo - 1 noz de xenxibre fresco - Ceboliño fresco - 1 chile fresco - ¼ de pemento vermello - 2 culleradas de sementes de sésamo - 1 cullerada de fariña - 1 cullerada de vinagre de mazá - 1 culleriña de azucre moreno - 2 culleradas de salsa de soia - 1 culleriña de aceite de sésamo - Aceite de oliva

Elaboración:

Nunha tixola cun chisco de viño abrimos as ameixas e reservámolas. Cocemos os tallaríns en abundante auga salgada e reservamos. Nunha tixola rustrimos o pemento, o allo, o xenxibre, as sementes, o aceite de sésamo, o azucre, o chile, a alga, o vinagre e a salsa de soia. Incorporamos as ameixas e as algas. Mesturamos todo ben engadindo unhas culleradas do mollo das ameixas. Empratamos cos tallaríns e listo para comer.  

Atopar capítulo por: