maio    
    2024    
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

BOPPO número 248

luns, 30 de decembro de 2019

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Provincial

Deputación Provincial

Persoal, oposicións

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS PERTENCENTES AO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS (CE2019N)

RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS PERTENCENTES AO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS

O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte

RESOLUCIÓN:

De conformidade co establecido no artigo 34.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, así como na Lei 5/2015, de 30 de outubro, pola que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), RESOLVO aprobar a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir postos vacantes no cadro de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas:

I) BASES XERAIS

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varios postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra incluídos na oferta de emprego público do ano 2018 e vinculados ao Plan de estabilización de emprego temporal da Deputación de Pontevedra, aprobado polo acordo adoptado no Pleno da Corporación do 26 de outubro de 2018, para cubrir as necesidades de carácter estrutural permanente nos distintos centros e servizos, con fundamento nas previsións contidas no Acordo do Goberno e sindicatos de marzo de 2018 e na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Segunda. Número e características dos postos convocados

O número de postos vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

Tres postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao C2, por quenda libre. Reservados para persoas con discapacidade.

Vinte e un postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao grupo C2, por quenda libre.

As persoas aspirantes soamente poderán participar nunha das quendas citadas, libre ou reservada a persoas con discapacidade. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, non será posible o cambio na modalidade de ingreso.

Terceira. Sistema de selección

O sistema de selección determínase nas bases específicas de cada unha deles.

Cuarta. Requisitos das persoas aspirantes

1) Con carácter xeral, para seren admitidas na realización das probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, ademais dos que se establezan nas respectivas bases específicas de ingreso:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa

c) Posuír ou estar en condicións de obter o título académico esixido nas bases específicas para ingresar no posto o día en que remate o prazo de presentación de instancias

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspiran

e) Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala do persoal funcionario do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público

f) Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no recibo que se emite xunto coa solicitude de participación

g) Cumprir os demais requisitos esixidos nas respectivas bases específicas para o ingreso

2) As persoas aspirantes deberán posuír todos os requisitos esixidos no apartado anterior o día en que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Quinta. Presentación de solicitudes

1) As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

2) Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado para a presentación presencial “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

3) Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de presentación.

4) As persoas con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.

5) As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que consten na súa solicitude, aínda que os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, de oficio ou a instancia de parte.

Sexta. Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sétima. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a. DNI ou NIE da persoa solicitante

b. Títulos universitarios da persoa solicitante

c. Títulos non universitarios da persoa solicitante

d. Acreditación da condición de discapacidade, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que se alegue esta circunstancia para a exención da taxa por dereitos de exame e para os postos reservados).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esas consultas deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles requirir ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Oitava. Documentación

As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

Copia do título do Celga correspondente, no caso de solicitar a exención do exame de tradución

A documentación complementaria deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a mostra do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Novena. Dereitos de exame

Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria. O recibo que se descargará xunto coa solicitude de participación poderase pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de ABANCA. A través da súa páxina web (http://www.abanca.com/gl/pago-de-recibos) poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira deste documento.

En función do posto ao que opte as cantidades que se aboarán en concepto de dereitos de exame serán as seguintes:

Postos integrados no grupo C2: 20 €

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude, segundo o disposto na base quinta.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ás persoas interesadas que sexan excluídas definitivamente da lista de persoas admitidas.

Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, o que deberán acreditar coa documentación correspondente.

Décima. Trámites administrativos posteriores
á presentación de solicitudes e as súas emendas

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento, agás o establecido en relación coa documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso, levaranse a cabo preferentemente por medios electrónicos (rexistro electrónico) a través do modelo “ Instancia xenérica”, dispoñible en https://sede.depo.gal ou, opcionalmente, a través do mesmo modelo pero de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) requiriráselles ás persoas interesadas, de conformidade co establecido no seu artigo 68, que nun prazo de 10 días hábiles emenden as faltas ou presenten os documentos preceptivos, indicándolles que, de non o facer, se terá por desistida a súa solicitude, que se arquivará sen máis trámites.

Décimo primeira. Admisión das persoas aspirantes

1) Unha vez rematado o prazo de 20 días hábiles fixado para presentar as solicitudes a institución provincial ditará unha resolución, no prazo máximo de 1 mes, na que declarará aprobada a lista de persoas admitidas e excluídas e especificará, no seu caso, os motivos da exclusión, que se publicará no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación, de conformidade co establecido no artigo 45 da LPACAP.

2) As persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios.

3) Contra a resolución do deputado delegado, na que se aproba a lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta notificación (artigos 112 e 123 da LPACAP ), ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4) O feito de figurar como incluídas na relación de persoas admitidas non significa que se lles recoñeza ás persoas interesadas posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que as persoas admitidas superen as probas selectivas.

Décimo segunda. Ampliación do prazo nos supostos
de non dispoñibilidade da sede electrónica

1. Cando no último día do prazo se produza unha incidencia técnica que imposibilite o funcionamento da sede electrónica da Deputación de Pontevedra o prazo afectado ampliarase automaticamente, ata o seguinte día hábil, en beneficio de todas as persoas interesadas no procedemento aínda que esta ampliación só producirá efectos para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións por medios electrónicos.

2. Para que se produza a ampliación automática do prazo segundo o previsto neste artigo será necesario que a incidencia teña unha duración continuada superior a 1 hora nas últimas 24 ou de menos de 1 hora nas últimas 12 do prazo.

3. As ampliacións automáticas dos prazos,serán obxecto de publicidade mediante un anuncio publicado na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, no que se indicará con claridade o procedemento ou procedementos afectados pola ampliación automática, así como o día hábil seguinte no que finaliza o prazo ampliado.

4. Deberá quedar constancia no expediente desta incidencia técnica mediante un certificado expedido para o efecto polo servizo da Deputación de Pontevedra con competencias en novas tecnoloxías no que conste tal incidencia, o tempo que permaneceu inactiva a sede electrónica e, na medida do posible, as súas causas.

Décimo terceira. Tribunal cualificador

1) Os membros dos tribunais cualificadores serán designados polo deputado delegado, segundo o disposto no artigo 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, así como no artigo 60 da Lei do estatuto básico do empregado público (LEBEP), tendo en conta a paridade entre mulleres e homes.

2) O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sen que poida exercerse en representación nin por conta de ninguén.

3) A composición do tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o que se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para acceder ao posto convocado.

4) Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, o funcionariado interino nin o persoal eventual.

5) O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesoras e asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconsellen; as mencionadas asesoras e asesores limitaranse a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas.

6) Antes de que teña lugar cada unha das probas, e xuntamente coa lista de persoas admitidas, publicarase no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.

7) Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándollo ao deputado delegado cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP), ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 24 da LRXSP.

8) O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o deputado delegado; entenderase validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

9) A partir da sesión de constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na LRXSP e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria.

10) O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario para que as persoas con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios que as do resto de aspirantes, e disporá, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.

11) No caso de ausencia da presidenta ou presidente titular ou suplente actuará no seu lugar a ou o vogal designado en primeira orde.

12) Os membros do tribunal e o persoal asesor que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo segundo a contía legalmente establecida.

Décimo cuarta. Características das probas selectivas

Os procedementos de selección, en fase de oposición, consistirán en probas de coñecementos xerais ou específicos teóricos e prácticos, incluídas as de tipo test, segundo a natureza e as funcións dos postos de traballo que van desempeñar as persoas seleccionadas. Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados conforme ao baremo descrito na base décimo novena das bases xerais.

Décimo quinta. Comezo dos exercicios

1) A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas, serán determinados polo deputado delegado mediante unha resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de persoas admitidas e a composición do tribunal, que se publicará mediante un anuncio no BOPPO en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da Deputación, polo menos con 10 días naturais de antelación.

2) As persoas aspirantes convocaranse para cada exercicio nun único chamamento, quedarán decaídas no seu dereito as que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.

3) As persoas aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais necesarios para realizalo.

Décimo sexta. Desenvolvemento dos exercicios das probas selectivas

1) En calquera momento o tribunal poderá requirirlles ás opositoras e opositores que acrediten a súa identidade.

2) A orde de actuación das opositoras e opositores para realizaren aqueles exercicios que non poidan facerse de forma simultánea determinaraa o tribunal mediante un sorteo en presenza das persoas aspirantes e inmediatamente antes de iniciarse o exercicio.

3) Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, para o que tribunal poderá utilizar os medios que considere oportunos.

4) Se en calquera momento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algunha das persoas aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria deberá propoñerlle ao deputado delegado, previa audiencia coa persoa interesada, a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.

5) Unha vez concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente o tribunal fará pública, en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. As persoas opositoras non incluídas na lista terán a consideración de “non aptas”.

6) A relación de persoas aprobadas en cada exercicio deberá publicarse en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal, cando se trate do mesmo exercicio, e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.

7) Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia que a dos membros do tribunal, as persoas designadas por este como colaboradoras e as persoas opositoras, excepto na lectura por parte das persoas opositoras dos exercicios escritos, que será pública.

8) Desde o momento en que remate un exercicio ou proba e ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días hábiles.

9) As puntuacións obtidas no exercicio tipo test serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na súa páxina web; as persoas aspirantes terán un prazo de 2 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das respostas correctas, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas, no seu caso, as alegacións presentadas, ou transcorrido o citado prazo, convocaranse as e os aspirantes que o superaron para a realización do segundo exercicio.

10) Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse un recurso administrativo de alzada ante o presidente que o nomeou, segundo o previsto no artigo 121 da LPACAP.

Décimo sétima. Cualificación dos exercicios da oposición

1) Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios da oposición será cualificado entre cero (0) e quince (15) puntos, e para aprobar cada un dos exercicios deberase obter unha puntuación mínima de sete con cinco (7,50) puntos.

No exercicio tipo test penalizaranse as preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontará unha correcta ou a súa parte proporcional.

Ademais, neste exercicio o tribunal marcará a puntuación esixida (nota de corte) para superar a proba en función da súa complexidade técnica e das peculiaridades propias do posto convocado, que se corresponderá cun número determinado de respostas acertadas unha vez descontada a penalización por respostas incorrectas. A indicada nota de corte pode ser inferior, igual ou superior ao 50 % do número de preguntas que compoñen o exercicio.

Neste tipo de exercicios quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen a persoa asinante ou que teñan marcas que puidesen romper o anonimato, así como os que resulten ilexibles.

3) O exercicio obrigatorio e non eliminatorio sobre o coñecemento do idioma galego cualificarase de cero (0) a dous (2) puntos. Quedan exentas desta proba as persoas aspirantes acrediten o Celga 3, outorgándoselles a cualificación máxima (2 puntos).

4) A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.

5) Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas ambas as dúas, a maior e a menor, e a media aritmética calcularase coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

Décimo oitava. Documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso

1) Finalizada a fase de oposición, as persoas que a superen e reúnan os requisitos da convocatoria recibirán un código de inscrición, a través dunha mensaxe SMS, que permitirá a presentación da documentación relativa á fase de méritos.

2) A presentación da documentación acreditativa dos méritos realízase a través do formulario normalizado “217424B Documentación acreditativa de méritos da fase de concurso nos procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

3) Cada mérito alegado deberá ter incorporado o seu documento acreditativo e dixitalizado. Os documentos achegados deberán ter o formato PDF e o tamaño máximo permitido por ficheiro será de 3 MB.

4) Unha vez subida toda a documentación o sistema xerará unha instancia na que se incluirá a enumeración e a denominación dos documentos adxuntos ao formulario de presentación, seguido da pegada dixital (hash) de cada un deles.

5) Para formalizar a acreditación dos méritos achegados as persoas interesadas deberán presentar, preferentemente por medios electrónicos, a instancia xerada a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), ou opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

6) O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados definitivos da fase de oposición que se publicará no BOPPO, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación, de conformidade co establecido no artigo 45 da LPACAP.

Décimo novena. Cualificación dos méritos na fase de concurso

1) Nesta fase comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados e xustificados documentalmente polas persoas aspirantes.

A suma das puntuacións obtidas no concurso non poderá superar o 40 % da suma de puntuacións correspondentes á fase da oposción, e os títulos necesarios para acceder a outro superior non se computarán cando estes xa se valorasen.

2) Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características dos postos convocados, segundo o seguinte:

2.2. FASE DE CONCURSO GRUPO C2
A) EXPERIENCIA PROFESIONAL. Máximo 8,00 puntos

a) Por servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra en prazas ou postos de traballo de igual ou similar categoría, grupo de clasificación e contido profesional ao convocado: 1,30 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 8 puntos

b) Por servizos prestados en calquera Administración pública, en prazas ou postos de traballo de igual categoría, grupo de clasificación e contido profesional ao convocado: 1,15 puntos por ano de servizo ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 8 puntos

A experiencia profesional na Administración pública deberá acreditarse mediante unha certificación, expedida pola Administración pública na que prestou servizos, na que se faga constar o posto de traballo que desempeñou, as tarefas realizadas e o cómputo total de días, meses ou anos traballados. Non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo nin a vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Enténdese por servizos prestados na Administración pública os que derivan dunha contratación laboral, da condición de persoal funcionario de carreira ou interino en calquera das súas modalidades.

En calquera caso, só se terá en conta a experiencia directamente relacionada co posto de traballo ofertado.

B) MÉRITOS ACADÉMICOS. Máximo 5,00 puntos

a) Título académico superior ao esixido para o acceso ao posto convocado: 2,00 puntos

b) Título académico de formación profesional de ciclo superior relacionado co posto convocado: 1,50 puntos/título

c) Título académico de formación profesional de ciclo medio relacionado co posto convocado: 0,75 puntos/título

d) Certificados de competencias dixitais para o grupos C2 da escala de Administración xeral ou similar: 1,00 punto

Só se valorarán os títulos académicos distintos do esixido para o acceso.

A valoración dun título superior exclúe a do inferior. Así mesmo, neste apartado só se terán en conta os títulos académicos directamente relacionados co posto de traballo convocado.

C) CURSOS. Máximo 7,00 puntos

a) De máis de 150 horas de duración: 0,70 puntos por curso

b) De entre 100 e 150 horas de duración: 0,60 puntos por curso

c) De entre 60 e 99 horas de duración: 0,50 puntos por curso

d) De entre 30 e 59 horas de duración: 0,40 puntos por curso

e) De entre 10 e 29 horas de duración: 0,30 puntos por curso

Neste apartado computarase a asistencia a cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma e da Administración local, universidades, colexios oficiais, escolas de Administración pública ou mutuas colaboradoras da Seguridade Social directamente relacionados co posto ao que se opta (incluídos os organizados polos sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua).

Nestes postos deberán valorarse os cursos relacionados coa Administración electrónica, protección de datos, igualdade de oportunidades e loita contra a violencia.

Así mesmo tan só se valorarán os cursos de novas tecnoloxías impartidos nos últimos 10 anos.

Nos cursos de linguaxe administrativa valorarase o de nivel superior.

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas.

Non se computarán os cursos cunha duración inferior a 10 horas.

3) O tribunal cualificador poderá requirirlles ás persoas aspirantes que acrediten a verificación dos extremos recollidos na documentación presentada, así como cantas precisións estimen oportunas.

4) A cualificación dos méritos na fase de concurso será posterior á fase da oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra.

5) A presentación dos méritos realizarase a través do seu modelo normalizado, segundo o previsto na base décimo oitava.

6) Unicamente serán obxecto de valoración os méritos das persoas que superasen a fase de oposición.

7) Cada mérito alegado deberá ter incorporado o seu documento acreditativo e dixitalizado.

8) O Servizo de Recursos Humanos entregaralle a documentación achegada polas persoas aspirantes ao tribunal cualificador para a súa valoración conforme o baremo recollido nestas bases. O resultado será publicado na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación provincial.

9) As persoas interesadas poderán formular alegacións ante o tribunal seleccionador no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións outorgadas na fase de concurso no taboleiro de anuncios.

10) A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.

Vixésima. Embarazo de risco ou parto

Se algunha das aspirantes non puidera completar o proceso selectivo a causa do embarazo de risco ou parto debidamente acreditados, a súa situación quedará condicionada á finalización deste e á superación das fases que quedasen aprazadas, que non poderán demorarse tanto que se menoscabe o dereito do resto das e dos aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal, e en todo caso a realización das probas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo.

Vixésimo primeira. Cualificación final e relación das persoas aprobadas

1) Á cualificación obtida polas persoas aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, sumaráselle a que corresponda aos exercicios obrigatorios non eliminatorios e aos voluntarios realizados e, no seu caso, a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.

2) Unha vez determinada a cualificación final das persoas aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobadas por orde de puntuación en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da institución provincial.

3) O tribunal non poderá, en ningún caso, aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes aos postos convocados en cada proceso selectivo. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

4) Non obstante, o tribunal, ao cualificar cada un dos exercicios, non terá en conta a limitación anterior, que só se considerará ao formularlle ao deputado delegado a proposta coa relación de persoas aprobadas, na que só se incluirán aquelas opositoras e opositores que obtivesen a maior puntuación total final, que nunca poderán superar o número de postos convocados en cada proceso selectivo.

5) No suposto de empate nas puntuacións totais finais entre dúas ou máis persoas aspirantes este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir, resolverase por sorteo.

6) Todo isto sen prexuízo do disposto no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Vixésimo segunda. Achega de documentos por parte das persoas aprobadas

1) A relación de persoas aprobadas, publicada en www.depo.gal e no taboleiro de anuncios da institución provincial, conterá unha advertencia recordándolles a estas que deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustificar que cumpren os requisitos esixidos para ingresar na función pública local e accederen ao posto convocado.

2) As persoas aspirantes propostas achegarán, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas, os documentos acreditativos de capacidade e mais os requisitos esixidos na convocatoria, salvo que ditos documentos se atopen en posesión da Administración:

a) Certificación de nacemento expedida no Rexistro civil correspondente

b) Fotocopia debidamente compulsada do título académico esixido para o ingreso

c) Certificado médico, sen prexuízo dun posterior recoñecemento

d) Declaración xurada de non estar separadas do servizo das administracións públicas nin incorrer nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente

e) Número da Seguridade Social

f) Certificado do número de conta bancaria

g) Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada proceso selectivo

3) Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, as persoas aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

4) Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.

Vixésimo terceira. Nomeamento do persoal laboral fixo

1) Concluído o proceso selectivo as persoas aprobadas, cun número que non poderá exceder en ningún caso dos postos convocados, serán nomeadas persoal laboral fixo, polo deputado delegado, unha vez que xustifiquen documentalmente o cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para o ingreso.

2) A proposta do tribunal cualificador terá carácter vinculante para a Presidencia, que ordenará a publicación dos nomeamentos no BOPPO, sen prexuízo da súa contratación, unha vez que se practique a notificación persoal de nomeamento.

3) A contratación laboral fixa efectuarase dentro do prazo máximo de 1 mes a partir da publicación do nomeamento; de non facer nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, as persoas nomeadas quedarán na situación de cesantes.

4) Os postos de traballo vacantes que se van cubrir como consecuencia destes procesos selectivos adxudicaranse de acordo coas peticións das persoas interesadas segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo.

Vixésimo cuarta. Bolsa de emprego

De ser necesario, confeccionarase unha relación ou bolsa conforme ao previsto nas normas que as regulen no momento da súa creación.

Vixésimo quinta. Carácter vinculante das bases

As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan a Administración provincial, os tribunais cualificadores e as persoas aspirantes que participen nos procesos selectivos convocados.

Vixésimo sexta. Incidencias

Os tribunais de cada proceso selectivo quedan facultados para interpretar as bases da convocatoria e para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación. Ademais, poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e o bo desenvolvemento do proceso selectivo.

Vixésimo sétima. Réxime xurídico

Os procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases xerais e específicas da convocatoria e, no que non estea previsto nelas, polo Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, no que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; pola Lei 2/2015, de 29 de abril, que aproba a Lei do emprego público de Galicia; polo Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, no que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (artigos do 134 ao 137 ); polo Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre o procedemento de selección na Administración local; polo Decreto 95/1991, de 20 de marzo, no que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e polo Real decreto 364/95, no que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado.

Vixésimo oitava. Disposición final

As bases xerais e específicas da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola LPACAP e a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Administración provincial tamén poderá, no seu caso, revisar as resolucións dos tribunais segundo o previsto na LPACAP.

II) BASES ESPECÍFICAS DE CADA PROCESO SELECTIVO

I. Tres postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e Información,
quenda libre. Reservados para persoas con discapacidade

Primeira. Número de postos e características

Convócanse tres postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e Información, clasificados no grupo equivalente ao C2, e dotados coas retribucións asignadas ao seu grupo de clasificación na RPT.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de concurso oposición libre reservada a persoas con discapacidade

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán:

a) Posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo, o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

b) Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, debendo achegar á solicitude o certificado acreditativo de tal condición.

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo de realización deste exercicio será de 40 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico sobre o manexo e utilización do programa de tratamento de textos e/ou folla de cálculo (Microsoft Office, versión 2016) nun tempo máximo de 45 minutos.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Primeira parte

1.—A Constitución española de 1978. Principios, dereitos e deberes dos españois.

2.—O acto administrativo: concepto, clases, elementos e requisitos. A obriga de resolver e actos presuntos. Eficacia nos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.

3.—Procedemento administrativo común. Fases: iniciación, ordenación, instrución e finalización.

4.—A revisión de oficio dos actos administrativos. Recursos administrativos.

5.—A provincia. Organización e competencias.

6.—O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias.

7.—As facendas locais. Clasificación dos ingresos. O orzamento das entidades locais: formación, aprobación e prórroga.

8.—O Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación. A recadación das débedas de vencemento periódico e notificación colectiva. O pagamento. Recadación en período voluntario e en período executivo: disposicións xerais.

9.—O Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación. Procedemento de constrinximento: inicio e desenvolvemento do procedemento. Normas sobre embargos.

10.—O Imposto sobre bens inmobles (IBI).Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión do imposto.

11.—O Imposto sobre actividades económicas (IAE). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión imposto

12.—O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión imposto

13.—As taxas e prezos públicos.

14.—O Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO): natureza e feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible. Cota e devengo. Xestión

15.—O Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión do imposto

16.—Real decreto lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario. Bens inmobles para os efectos catastrais. Titulares catastrais. Procedemento de incorporación e réxime xurídico. Declaracións, comunicacións e solicitudes. Emenda de discrepancias.

17.—Prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Protección de datos de carácter persoal: principios e dereitos da persoa. Igualdade efectiva de mulleres e homes: principio de igualdade. Violencia de xénero: principios reitores. Discapacidade e dependencia: principios.

Segunda parte:

18.—Sistema operativo Windows.

19.—Internet: navegación e busca. Correo electrónico: Microsoft Outlook.

20.—Procesador de textos: Microsoft Word. Folla de cálculo: Microsoft Excel. Base de datos: Microsoft Access.

II. Vinte e un postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria
e Información do ORAL, quenda libre

Primeira. Número de postos e características

Convócanse vinte e un postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e Información do ORAL, clasificados no grupo equivalente ao C2,e dotados coas retribucións asignadas ao seu grupo de clasificación na RPT.

Segunda. Sistema de selección

Establécese o sistema de concurso oposición libre.

Terceira. Condicións das persoas aspirantes

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das xerais as persoas aspirantes deberán posuír o título de graduada ou graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Cuarta. Exercicios da oposición

PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes as materias contidas na primeira parte do programa. O tempo de realización deste exercicio será de 40 minutos.

SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun suposto práctico sobre o manexo e utilización do programa de tratamento de textos e/ou folla de cálculo (Microsoft Office, versión 2016) nun tempo máximo de 45 minutos.

TERCEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

Quinta. Programa da convocatoria

Primeira parte

1.—A Constitución española de 1978. Principios, dereitos e deberes dos españois.

2.—O acto administrativo: concepto, clases, elementos e requisitos. A obriga de resolver e actos presuntos. Eficacia nos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.

3.—Procedemento administrativo común. Fases: iniciación, ordenación, instrución e finalización.

4.—A revisión de oficio dos actos administrativos. Recursos administrativos.

5.—A provincia. Organización e competencias.

6.—O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias.

7.—As facendas locais. Clasificación dos ingresos. O orzamento das entidades locais: formación, aprobación e prórroga.

8.—O Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación. A recadación das débedas de vencemento periódico e notificación colectiva. O pagamento. Recadación en período voluntario e en período executivo: disposicións xerais.

9.—O Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación. Procedemento de constrinximento: inicio e desenvolvemento do procedemento. Normas sobre embargos.

10.—O Imposto sobre bens inmobles (IBI).Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión do imposto.

11.—O Imposto sobre actividades económicas (IAE). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión imposto

12.—O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión imposto

13.—As taxas e prezos públicos.

14.—O Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO): natureza e feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible. Cota e devengo. Xestión

15.—O Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU). Natureza e feito impoñible. Exencións e bonificacións. Suxeito pasivo. Cota. Período impositivo e devengo. A xestión do imposto

16.—Real decreto lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario. Bens inmobles para os efectos catastrais. Titulares catastrais. Procedemento de incorporación e réxime xurídico. Declaracións, comunicacións e solicitudes. Emenda de discrepancias.

17.—Prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Protección de datos de carácter persoal: principios e dereitos da persoa. Igualdade efectiva de mulleres e homes: principio de igualdade. Violencia de xénero: principios reitores. Discapacidade e dependencia: principios.

Segunda parte

18.—Sistema operativo Windows.

19.—Internet: navegación e busca. Correo electrónico: Microsoft Outlook.

20.—Procesador de textos: Microsoft Word. Folla de cálculo: Microsoft Excel. Base de datos: Microsoft Access.

Pontevedra, 16 de decembro de 2019

O deputado delegado, O secretario

Carlos López Font Carlos Cuadrado Romay

EXPEDIENTE. -PUBLICACIÓN BOPPO.- TABOLEIRO DE ANUNCIOS

NOTA INFORMATIVA: O contido da versión HTML deste anuncio ten carácter meramente informativo e está dispoñible nesta páxina para comodidade do cidadán. O anuncio con validez legal é a versión PDF asinada electronicamente.