Inscrición ao Programa de compostaxe domiciliaria do Concello de Viveiro
Estimado cidadán,

Desde o Concello de Viveiro queremos continuar co noso compromiso co medio ambiente e a  través do proxecto #ViveiroSustentable, esta vez incidindo na prevención de residuos orgánicos a nivel doméstico entre as persoas que dispoñen de casas con xardín para poder converter os seus residuos orgánicos en abono natural de calidade.

Como consecuencia do noso modo de vida e das nosas pautas de consumo, xeramos maior cantidade de residuos. Un dos retos importantes aos que se enfronta a nosa sociedade é levar a cabo unha xestión dos mesmos respectuosa e sostible co medio ambiente e para facelo temos que implicarnos todos e todas.

Por iso, puxemos en marcha unha campaña de compostaxe doméstica facilitando á formación, o seguimento e o reparto gratuíto de composteiros que vos permitirá previr e reducir a cantidade de residuos orgánicos que os cidadáns xeramos nos nosos fogares.

Os restos de comida supoñen aproximadamente a metade da bolsa do lixo e a compostaxe nas nosas casas permitirá reducir o consumo enerxético, xerará un compost de calidade para os nosos xardíns e protexerá o ecosistema que nos rodea.

Anímate e inscríbete. Coa túa participación, reducimos residuos convertémolos en compost, devolvémoslle á terra a fertilidade que necesita e contribuímos a frear o cambio climático e ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 13.- Acción polo clima.

Recibe un cordial saúdo.

Dna. María Loureiro García
Alcaldesa de Viveiro

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Número de teléfono *
Dirección completa *
Núcleo de poboación ao que pertence *
Cando é mellor que te visitemos? (Sempre chamaremos antes para concertar unha cita)
Selecciona todas las opciones pertinentes
Mañana
Mediodía
Tarde
Lunes
Martes
Jueves
Viernes
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy